TRADICIÓN ORAL E XOGOS OLÍMPICOS NA BIBLIOTECA...

Onte tivemos a vistita á nosa biblioteca de Begoña e Cecilia, dúas xogadoras de balonmán. Ademais tamén nos visitou Abel, o papá dun dos nenos da escola que é entrendor deste mesmo deporte. A visita encadrouse dentro do noso proxecto para este curso sobre os Xogos Olímpicos e en concreto dentro das actividades de tradición oral que se levan a cabo no mes de novembro.
Begoña Fernández é nada máis e nada menos que medallista olímpica, bronce nos xogos olímpicos de Londres 2012, e Cecilia segue a súa estela, non nos estrañará nada vela nun futuro defendendo a camiseta da selección española xa que no vídeo que nos puxeron non paraba de marcar goles! 

A charla estivo do máis interesante e resultou moi emocionante ver a unha das mellores xogadoras de todos os tempos no noso colexio respondendo ás inquietudes do noso alumnado.
Grazas a Abel, Cecilia e Begoña por participar no noso proxecto!

Comentarios