Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2009
Imaxe
C O N T R A T O S E M O C H I L A S Durante o primeiro trimestre o Ratiño e Ratiña de Biblioteca deixaron nas aulas cartas por sorpresa. Unha vez abertas descubrimos que como o ano pasado para ser usuarios/as da biblioteca do cole debiamos asinar un contrato . Por suposto todos os nenos e nenas lectoras da escola asinaron sen dubidar, tendo moi en conta que se comprometían a cumprir as normas da biblioteca e coidar os materiais da mesma. Tamén deixaron as mochilas viaxeiras , que visitaran as casas dos nenos e nenas do cole. Dentro levan libros de temáticas moi diferentes, música, películas, xogos para o ordenador... Cada mochila ten un tríptico explicando o contido, un carné e unha libreta para que os membros da familia anoten as súas conclusións ao remate da estancia en casa da mochila. Aquí tendes algunha as fotos de varias das aulas onde chegaron os contratos e as mochilas.
Imaxe
O A P A L P A D O R Os nenos e nenas do colexio andan a descubrir a figura do "Apalpador", un personaxe que vive nas montañas do Coural e que no nadal baixa a apalpar a barriguiña dos rapaces para ver ser cearon ben e se están durmidos. Se esto é así, o apalpador déixalles unhas castañas e xoguetes. Na biblioteca acabamos de recibir os libros "O Apalpador" da editorial Biblos e "Antón e O Apalpador" da editorial Barafunda. Son a nosa máis especial recomendación para este nadal que comeza.
Imaxe
D E C E M B R O , M E S D O S D E R E I T O S H U M A N O S No seguinte spot inspirado nos dereitos humanos aparecen diferentes palabras en inglés. Aínda que as imaxes axudan a interpretalo tal vez, ti que eres un ratiño investigador, te animes a buscar no noso dicionario on-line o significado. Preme na foto para buscar as palabras: Tamén podedes premer na foto para xogar á OCA DOS DEREITOS HUMANOS
D E C L A R A C I Ó N D O S D E R E I T O S H U M A N O S E N 4 M I N U T O S
1 0 D E D E C E M B R O , D Í A I N T E R N A C I O N A L D O S D E R E I T O S H U M A N O S Amnistía Internacional solicitou a diferentes artistas que interpretaran a declaración dos dereitos humanos en pequenos cortos de animación. Animádevos a identificar o artigo da declaración dis dereitos humanos correspondente a cada animación. Podedes ler a declaración neste enlace .
Imaxe
1 0 D E D E C E M B R O , D Í A I N T E R N A C I O N A L D O S D E R E I T O S H U M A N O S Desde o IES Río Cabe chéganos un novo cartel para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos. O día 10 de decembro conmemórase a aprobación pola Asamblea Xeral da ONU da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no ano 1.948. Desde a biblioteca do cole propoñemos un traballo de investigación sobre a declaración dos dereitos humanos que desde a Biblioteca do Ceip de Andrade elaboraron en forma de webquest . Todos os ratiños e ratiñas investigadores do 2º e 3º ciclo poden poñerse en acción.