A semana pasada levamos a cabo a actividade “Matria Téxtil” con motivo da conmemoración do 8M, iniciando o noso proxecto de marca sostible para reflexionar sobre o papel da muller na industria téxtil e na sociedade , así como sobre o consumo , tema central do noso PDI Estamos Aquí. Desde tempos inmemoriais, as mulleres foron parte fundamental da industria téxtil, desempeñando un papel crucial na creación e mantemento das técnicas e tradicións artesanais que enriquecen a nosa cultura. Nestas xornadas, quixemos render homenaxe ás mulleres que foron pioneiras no campo da moda e a todas aquelas que, a día de hoxe, continúan a loitar por unha industria téxtil máis xusta e equitativa. Así, o noso principal obxectivo con esta tarefa foi que o alumnado crease un espazo seguro e feminino en torno ao mundo do téxtil , facendo o primeiro deseño en téxtil tras a previa creación da nosa marca sostible, resultando a máis votada: Arteco recicla. A actividade desenvolveuse en varias fases , real